Estamos tan afeitos a "depender" dun sistema operativo moi extendido e de todos os programas que se crean específicamente para o mesmo que nos custa plantexarnos a posibilidade de que exista "algo de vida" fora de ese planeta.

O obxectivo deste  curso non é  animaros a desfacervos do que xa sabedes empregar( co traballiño que nos custa!), sexa mellor ou peor, para lanzarse a unha aventura cando menos imprecisa.

Trátase máis ben de orientar ante posibles problemas que soemos ter.

Seguro que a todos nos teñen pasado algunha das seguintes cuestións:


a) Cando quero prender o ordenador o sistema operativo non funciona.

b) Os programas que viñan co ordenador, noviño do trinque, resulta que deixaron de    funcionar.

c) Precisamos un programa que "custa" moito.

En fin, cada quen que faga a listaxe todo o grande que queira.

Vamos ver si podemos plantexar algunhas solucións.
Última modificación: xoves, 13 de xullo de 2017, 12:06 PM