EXAMES DE 4º de semipresencial
Mércores 18-XI-20
· 16:00h-18:30h: Exames de C-T e Sociais
· 19:00h-21:00h: Exames de comunicación
MOI IMPORTANTE:
Como sabedes temos limitado o número de alumnos por aula en cumprimento da normativa COVID.
Precisamos saber o número de alumnos que vamos ter para ditos exames.
É por este motivo que para poder realizar os exames é OBRIGATORIO que llo confirmedes ó profesor/ra do ámbito.
Podedes comunicarllo directamente na clase, mediante mensaxe ó seu correo electrónico (que atopades na nosa web: www.epapontevedra.com), indicando o nome completo, ámbito e quenda ou chamando na hora da titoría telemática que tedes no voso horario.
Data límite para confirmar a asistencia ó exame: Venres, 30 de Outubro.