Clásicos do sofware libre
Tamén coñecido actualmente pola súa versión UBUNTO. É unha alternativa ó clásico Windows e podemos configurar o ordenador para que cando arranque nos permita escoller cal queremos empregar.
Todo o que queirades saber así como a forma de conseguir o "CD de instalación" o podedes atopar na páxina
http://www.ubuntu-es.org/
Tamén podedes empregar a páxina que aparece ó final deste documento.
A instalación é moi sinxela e configura "completamente" os dispositivos do ordenador de xeito que cando arranquemos con él poderemos empregar audio, vídeo, conexión a internet, etc.
É moi intuitivo, explica todos os pasos e na última versión actualmente instable a Ubuntu 11.10 (Oneiric Ocelot) xa vos van integrados os programas básicos de texto, etc.
Importante:
Cando metemos o CD de instalación podemos entrar nunha sesión de proba que non instala nada(nin cambia nada!) no noso ordenador e así podedes valorar mellor as súas posibilidades.
Tamén podemos empregar un USB para aqueles equipos que xa non traen lector. É una versión igual que a do CD máis ou menos.
Podedes ver o seguinte tutorial moi completo sobre a instalación e a forma de crear o CD ou o USB :
http://www.tubuntux.com/2011/10/tuto-instalar-ubuntu-1110-oneiric.html
Xa podemos dar resposta a un dos problemas co que comezamos este curso:
Si o ordenador non arranca co sitema que temos instalado e non temos un CD de recuperación ou non funciona ou ... e precisamos "urxentemente"( recordade a lei de Murphy) algo da documentación que temos no disco duro sempre podemos arrancar co USB( que levamos sempre con nós xa que somos moi precavidos).
Para coñecer mellor o emprego de Ubuntu só tedes que poñer nun buscador "tutorial de ubuntu 11.10"
Por exemplo:
http://www.linuxhispano.net/2011/10/19/todo-sobre-ubuntu-11-10-oneric-ocelot/
Ou o enlace citado anteriormente
Pois a traballar que isto xa vos ten entretidos polo menos unha semaniña.