O presente curso está deseñado como una breve introdución ou toma de contacto coas posibilidades para a aprendizaxe a distancia ou semipresencial que ofrecen as plataformas Moodle e Webex para o profesorado de EOI. Con este obxecto, terás acceso a dous grandes módulos que xiran en torno a estes dous eixos.

Os materiais que conforman este curso están deseñados en función das principias necesidades detectadas no cuestionario inicial que tedes respondido na plataforma Moodle. Durante as dúas semanas de duración do mesmo, centrarémonos en diferentes aspectos que che permitirán, ao rematar, sentirte un pouco máis seguro no teu manexo da aula virtual Moodle e da interacción co alumnado a través da videoconferencia.

A temporalización para levar a cabo as dez horas que conforman o curso é a seguinte:

  • 11-17 de maio: Módulo 1 - A plataforma Moodle e a súas funcionalidades

Durante este primeiro módulo tomarás contacto coa plataforma Moodle, vendo algunhas das ferramentas que integra e reflexionando sobre as súas posibles aplicacións para apoiar á aula presencial. Serás quen de dar de alta o teu propio curso, engadir contidos, crear diferentes tipos de actividades e reflexionar sobre aspectos varios que ofrece a aplicación.

Como tarefa final, deberás editar un curso de Moodle en base a unhas instrucións concretas e poñer en práctica diferentes funcionalidades da plataforma.

  • 18-22 de maio: Módulo 2 - A videoconferencia como método de interacción co alumnado: Profundizando en Webex

O segundo módulo centrarase no manexo da aplicación de videoconferencia Webex, para o cal deberás rexistrarte previamente na mesma seguindo as instrucións que aparecen na sección do Módulo 2 "Darse de alta en Webex". 

A través deste módulo serás quen de manexar as distintas ferramentas que ofrece Webex e de solventar os problemas técnicos más habituais. Así mesmo, reflexionarás sobre como integrar a videoconferencia na docencia semipresencial ou a distancia, aplicando técnicas de aprendizaxe cooperativa.

Como tarefa final, deberás crear un obradoiro para o teu alumnado a través de Webex Training. 

Última modificación: lunes, 11 de mayo de 2020, 12:23