O obxectivo  central deste módulo é aprender a falar sobre as características de distintas persoas e as relacións que se establecen entre elas. Reactivaremos coñecementos previos e analizaremos vantaxes e desvantaxes das relacións a distancia. Para iso precisamos describir o carácter de distintas persoas expresar  os nosos sentimentos de cara aos demais: sich freuen auf, hoffen auf, etc. Ao final do módulo seremos capaces de escribir consellos sobre como levar unha relación a distancia.  


Como en todas as unidades, comezamos o módulo realizando os exercicios da sección A. As actividades están numeradas e vanse abrindo a medida que vas marcando cada actividade rematada. Para comezar, diríxete a:

Comunicarse e compartirTeilen und mitteilen

Nesta sección pódeste comunicar co resto de compañeiras e compañeiros do teu grupo.


Informarse e aprenderSich informieren und lernen 

Aquí están os contidos e a práctica de estruturas e vocabulario:

    • A.2. Fotogeschichte
    • A.3. Verstehen-Lernen-Anwenden: Lena und Fabians Beziehung
    • B.1. Verstehen-Lernen-Anwenden: Charakter der Promis
    • B.2. Hörverstehen: Nach dem Abschied - eine Erzählung

E despois déixate levar...


Traballar e avaliarGelerntes umsetzen

Nesta sección atoparás as actividades finais de cada sección, onde terás que poñer en práctica todo o que fuches aprendendo:


Reforzar e ampliarFestigen und erweitern


Lembra que os prazos para realizalas son:
  1. Sección A: 1ª semana de traballo
  2. Sección B: 2ª semana de traballo
  3. Sección C: Tarefa final, a túa profesora indicarache par acando debes ter rematada esta actividade.

eoi_aulaico É moi importante realizar o traballo de cada sección antes de cada clase presencial, seguindo as instrucións da persoa titora, para un óptimo seguimento do curso. Alén das tarefas propostas na Rede teremos actividades presenciais diversas que en ocasións poderán apoiarse nos materiais propostos na aula virtual. 


Lembra tamén enviar os resultados de cada bloque de tarefas para que a actividade quede marcada como completada! Para isto é preciso que ao rematares marques na columna da esquerda sobre o texto en verde "zusammenfassen und absenden" e a continuación sobre o recadro verde que se abrirá "report absenden". De non faceres isto, a actividade non contará como completada e a túa profe non poderá ver as túas respostas!! 

Ao remate de cada módulo é moi importante que recollas as túas impresións sobre o desenvolvemento del no diario do curso Was habe ich gelernt? War es gut? Canta máis información nos deas, máis poderemos mellorar este módulo de cara a vindeiras edicións!

最后修改: 2023年11月29日 星期三 11:37