Enquisa de satisfacción do alumnado
Enquisa sobre o curso 2024-2025 na Escola Oficial de Idiomas de Vigo
Esta enquisa ten como obxectivo recoller a túa opinión sobre os estudos realizados na Escola Oficial de Idiomas de Vigo durante o curso 2024-2025. A información obtida axudaranos a mellorar os servizos que ofrecemos no futuro. Moitas grazas pola túa colaboración.
A enquisa é anónima e pode completarse por unha única vía, entre estas dúas opcións:
-
A través dun formulario de Google Forms.
-
Directamente neste apartado de Aula Moodle (podes consultar as instrucións e acceder ao final desta mensaxe).
Como responder:
Marca o recadro que mellor reflicta o teu grao de acordo con cada afirmación, seguindo esta escala:
1 = moi pouco de acordo ... 5 = moi de acordo
Ao final, se o consideras oportuno, podes engadir comentarios ou suxestións nas preguntas de resposta aberta.
NOTA: Para acceder á Aula Moodle, emprega a primeira parte da dirección de correo electrónico que usaches na matrícula. Se é a primeira vez que accedes ou esqueciches o contrasinal, preme na ligazón para restablecelo, tal e como se mostra na imaxe a continuación.
