Aula virtual Moodle
Section outline
-
Neste módulo veremos como crear un curso básico e tamén como restaurar o curso modelo de metaformadores que xa ten unhas pautas para traballar nel. Despois estudaremos algunhas das ferramentas de recursos e por último, veremos algunhas das actividades posibles para utilizar en Moodle.Folla de ruta para crear e restaurar un curso: Para crear un curso, tedes que seguir as nosas instrucións que aparecen abaixo. Tamén podedes suplementar as nosas instrucións coas de Webs Dinámicas que explican en profundidade cada concepto e cos vídeos que son moi curtos. Para restaurar un curso, tedes que seguir as nosas instrucións que aparecen abaixo.
Unha vez que lestes as nosas instrucións básicas, podedes ir ver os dous modelos que abrimos debaixo deste curso e nos que vos inscribimos para que vexades as configuracións, tanto a básica de Moodle, como o modelo proposto por metaformadores, que tedes na copia de seguranza para restaurar. Con estes dous modelos de cursos, podedes ver e elixir o que máis se adapte ás necesidades do voso alumnado. Así mesmo, podedes usar estes cursos para facer as probas que queirades porque vos inscribimos como profesores/as.
A dobre opción, entón, que poñemos á vosa disposición é crear o voso curso dende cero ou restaurar o de metaformadores. Ese curso será considerado a tarefa final deste módulo, pero tamén, como práctica, podedes modifícalo con pequenos cambios no deseño do curso mesmo, e inclusión de recursos e actividades, que serán as instrucións que daremos a continuación.
Folla de ruta para ver algunhas ferramentas de recursos: Para engadir algúns recursos, é dicir, contidos que o alumnado pode ver, tedes que seguir as nosas instrucións que aparecen abaixo. Elixide os recursos que vos parecen mellor para as necesidades do voso alumnado e despois probade crealos nun dos dous cursos modelos ou no voso propio.
Folla de ruta para ver algunhas ferramentas de actividades: Para engadir algunhas actividades, ou sexa, elementos interactivos de accións que o alumnado ten que facer, tedes que seguir as nosas instrucións que aparecen abaixo. Elixide as actividades que vos parecen mellor para as necesidades do voso alumnado e despois probade crealas nun dos dous cursos modelos ou no voso propio.