Neste curso de inglés nivel A2 centrarémonos en consolidar contidos do curso anterior e en afondar no coñecemento da língua, para que o alumnado teña cada vez máis ferramentas para converterse en usuarios autónomos en calquera situación comunicativa do día a día.

O curso divídese en 12 unidades, nas que dende un enfoque comunicativo trataremos temas tales como a familia e amigos, as nosas rutinas, os nosos intereses, o lugar no que vivimos, os nosos hábitos alimenticios, os plans de vacacións, entre outros. 

Non vos preocupedes, faremos este camiño xuntos e pouco a pouco lograremos o noso obxectivo: desfrutar mentres aprendemos unha lingua estraxeira!