Title Fonema Cinema Radio #1 – O CORNO
Summary

Con este primeiro episodio en galego sobre "O Corno" arranca FONEMA CINEMA RADIO, UN FALADOIRO DE PELÍCULA realizado por alumnado e profesorado da EOI de Lugo na biblioteca, dentro da programación de Radio Rochoteca, a partir do visionado de filmes nos Codex Cinema de Lugo.

"O Corno" é unha longametraxe galega de Jaione Camborda (Donostia, 1983) que foi premiada na edición 71 do Festival Internacional de Cinema de San Sebastián (SSIFF), celebrada en setembro de 2023. A comunidade educativa da EOI de Lugo asistiu a unha proxección do filme nos Codex Cinema pouco despois. Neste podcast, gravado nesas datas, alumnado e profesorado da escola comparten as súas impresións sobre a película e os temas que se tratan nela. Un deses temas é, sen dúbida, a sorodidade. Estando no mes do Día Internacional da Muller, as reflexións deste faladoiro están de actualidade. Ademais, Janet Novás, que interpreta a María en "O Corno", vén de ser recoñecida co Premio Goya á mellor actriz revelación.

Se non viches a película, advertimos de que hai spoilers. Xa estás tardando, é moi recomendable!

Media file
Author Admin Centro
Created xoves, 5 de decembro de 2024, 5:20 PM
Last updated xoves, 5 de decembro de 2024, 5:20 PM
Etiquetas
Ver
Title Fonema Cinema Radio #2 – JE VERRAI TOUJOURS VOS VISAGES
Summary

Este é o segundo episodio de FONEMA CINEMA RADIO, UN FALADOIRO DE PELÍCULA realizado por alumnado e profesorado da EOI de Lugo na biblioteca, dentro da programación de Radio Rochoteca, a partir do visionado de filmes nos Códex Cinema de Lugo.

Alumnado e profesorado do departamento de francés comparten as súas impresións nesta lingua sobre o filme "Je verrai toujours vos visages", realizado por Jeanne Herry e presentado nas salas españolas co nome "Las dos caras de la justicia". A comunidade educativa da EOI de Lugo asistiu á proxección da película nos Codex Cinema en novembro de 2023, mais neste faladoiro escoitáronse reflexións atemporais sobre a xustiza restaurativa que recentemente cobraron actualidade co 20 aniversario dos atentados do 11M, por exemplo. "Je verrai toujours vos visages", ademais, foi un dos filmes máis destacados na última edición dos Premios César do cinema francés. No faladoiro participaron Victoria Bresca, auxiliar de conversa do departamento de francés, e dous alumnos Ramón García e Silvia Amoedo.

Se non viches a película, advertimos de que hai spoilers. Xa estás tardando, é moi recomendable! Sobre todo en versión orixinal.

Media file
Author Admin Centro
Created xoves, 5 de decembro de 2024, 5:24 PM
Last updated xoves, 5 de decembro de 2024, 5:24 PM
Etiquetas
Ver
Title Fonema Cinema Radio #3 – DAS LEHRERZIMMER
Summary

Este é o terceiro episodio de FONEMA CINEMA RADIO, UN FALADOIRO DE PELÍCULA realizado por alumnado e profesorado da EOI de Lugo na biblioteca, dentro da programación de Radio Rochoteca, a partir do visionado de filmes nos Códex Cinema de Lugo.

Alumnado e profesorado do departamento de alemán comparten as súas impresións nesta lingua sobre o filme „Das Lehrerzimmer“, realizado por İlker Çatak e presentado nas salas españolas co nome "Sala de profesores". A comunidade educativa da EOI de Lugo asistiu á proxección da película nos Codex Cinema en xaneiro de 2024, mais neste faladoiro escoitáronse reflexións atemporais sobre o contexto educativo e o labor docente. „Das Lehrerzimmer“ foi estreado na edición 73 da Berlinale, e escollido por Alemaña como filme candidato aos Oscars, na categoría de mellor película estranxeira. No faladoiro participaron María José Veiga, profesora do departamento de alemán, e tres alumnos de niveis B1.2 e C1.1, Laura IglesiasFernando Barro e Olga Rodríguez.

Se non viches a película, advertimos de que pode haber spoilers. Xa estás tardando, é moi recomendable! Sobre todo en versión orixinal.

Media file
Author Admin Centro
Created xoves, 5 de decembro de 2024, 5:27 PM
Last updated xoves, 5 de decembro de 2024, 5:27 PM
Etiquetas
Ver
Title Fonema Cinema Radio #4 - THE OLD OAK
Summary

Neste novo episodio de FONEMA CINEMA RADIO, alumnado e profesorado do Departamento de Inglés comparten as súas impresións sobre o último filme de Ken Loach, "The Old Oak", despois de velo na gran pantalla dos Codex Cinema, no marco da actividade cultural Fonema Cinema.

Media file
Author Admin Centro
Created xoves, 5 de decembro de 2024, 5:30 PM
Last updated xoves, 5 de decembro de 2024, 5:30 PM
Etiquetas
Ver
Title Fonema Cinema Radio #5 - AMAL UN ESPRIT LIBRE
Summary

Este é o primeiro episodio da segunda tempada de FONEMA CINEMA RADIO, UN FALADOIRO DE PELÍCULA realizado por alumnado e profesorado da EOI de Lugo na biblioteca, dentro da programación de Radio Rochoteca, a partir do visionado de filmes nos Códex Cinema de Lugo.

Alumnado do departamento de francés comparte as súas impresións en formato vox pop sobre o filme "Amal un esprit libre", realizado por Jawal Rhalib. Ademais dunha presentación a cargo de Victoria Bresca, auxiliar de conversa do departamento de francés, incluímos partes do tráiler oficial da película para animarvos a vela en versión orixinal e compartir con Radio Rochoteca as vosas impresións en calquera lingua de estudo da escola.

Category Education: Language Courses
Media file
Author Alma López Figueiras
Created luns, 13 de xaneiro de 2025, 12:05 PM
Last updated mércores, 15 de xaneiro de 2025, 2:15 PM
Etiquetas
Ver
Title Fonema Cinema Radio #6 - Führer und Verführer
Summary

Neste novo episodio de FONEMA CINEMA RADIO, varios/as alumnos/as de nivel B2 e a asistente de conversa do departamento de alemán comparten as súas impresións sobre o filme Führer und Verführer (Joachim Lang, 2024) –presentado en España co título El ministro de propaganda–, despois de velo na gran pantalla dos Códex Cinema, no marco da actividade cultural Fonema Cinema 2024-2025.

Category Education: Language Courses
Media file
Author Alma López Figueiras
Created mércores, 14 de maio de 2025, 12:52 PM
Last updated mércores, 14 de maio de 2025, 12:52 PM
Etiquetas
Ver
Title Fonema Cinema Radio #7 - Conclave
Summary
Neste novo episodio de FONEMA CINEMA RADIO, alumnado e profesorado do departamento de inglés falan sobre a película Conclave (Edward Berger, 2024) despois de vela na gran pantalla dos Códex Cinema, no marco da actividade cultural Fonema Cinema 2024-2025.
Category Education: Language Courses
Media file
Author Alma López Figueiras
Created mércores, 14 de maio de 2025, 12:53 PM
Last updated mércores, 14 de maio de 2025, 12:53 PM
Etiquetas
Ver