Movendo a lingua
O podcast dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e o Conservatorio de música Xoán Montes en Radio Rochoteca, a radio escolar da EOI de Lugo, para documentar as actividades de innovación en dinamización lingüística.
| Titel | Movendo a lingua #9 – Entrevista á poeta Marica Campo |
| Zusammenfassung | Este é o noveno episodio do podcast MOVENDO A LINGUA, que documenta e complementa as actividades desenvolvidas polos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo no marco do proxecto colaborativo sobre música e poesía posto en marcha este curso 2024/2025, dentro do Plan Proxecta+. O alumno da EOI Miguel Pérez entrevista á poeta Marica Campo. O seu poema “Oda á filloa” foi escollido na Escola oficial de idiomas para ser logo musicado no Conservatorio de música Xoán Montes e o día 5 de maio púidose escoitar a música composta para el no auditorio Fuxan os Ventos. O poema recitado pola propia Marica Campo e a música podedes escoitalos ao final do podcast. Foi editado por José Ramón Saborido, coordinador do EDLG do CMUS Xoán Montes de Lugo e por Ana B. López, coordinadora do EDLG da EOI de Lugo. |
| Mediendatei | |
| Dauer | 18 Minuten 22 Sekunden |
| Erstellt | Donnerstag, 5. Juni 2025, 11:25 |
| Letztes Update | Donnerstag, 5. Juni 2025, 11:25 |
| Gesamte Anzahl an Abrufen | 17 |
| Schlagwörter | |