Movendo a lingua
O podcast dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e o Conservatorio de música Xoán Montes en Radio Rochoteca, a radio escolar da EOI de Lugo, para documentar as actividades de innovación en dinamización lingüística.
| Título | Movendo a lingua #8 - Entrevista á poeta Patricia Meira |
| Resumen |
Este é o oitavo episodio do podcast MOVENDO A LINGUA, que documenta e complementa as actividades desenvolvidas polos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo no marco do proxecto colaborativo sobre música e poesía posto en marcha este curso 2024/2025, dentro do Plan Proxecta+. A alumna da EOI Sabela Pérez entrevista á poeta e dramaturga Patricia Meira. O seu poema da colección A Antártida Medía 1,72 pendurou do noso Tendal da lingua na EOI de Lugo e no CMUS Xoán Montes. Ao final podedes escoitar o poema recitado pola profesora da EOI Alma López.
|
| Archivo multimedia | |
| Duración | 22 minutos 13 segundos |
| Creado | martes, 27 de mayo de 2025, 22:59 |
| Última actualización | martes, 27 de mayo de 2025, 22:59 |
| Vistas totales | 24 |
| Marcas | |