Radio Rochoteca - A radio da EOI de Lugo

| Title | Radioteatro #1 - UBASUTE |
| Summary | O radioteatro chega á Radio Rochoteca, a radio escolar da EOI de Lugo, da man do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) e a obra Ubasute, de Paula Carballeira. Ubasute é a palabra xaponesa para o abandono dunha vella. A peza trata do abandono, a culpa e os recordos que, xunto coa poesía, son capaces de achegarnos ás pantasmas dos nosos devanceiros. Foi escollida polo EDLG da EOI de Lugo durante o curso 2024-2025, mentres se traballaba coa poesía e a música no proxecto de innovación da lingua galega “Música e poesía: movendo a lingua”, proxecto conxunto da EOI e o CMUS Xoán Montes de Lugo. As voces son as de Carmen (Muller), Roberto (Home), Loida (Avoa) e Esther (acotacións), alumnado de diversas linguas da EOI. Na escolla da música que acompaña esta dramatización contamos co asesoramento da propia autora e, seguindo as súas suxestións, José R. Saborido, profesor e coordinador do EDLG do CMUS Xoán Montes, procurou as seguintes pezas: “Carallada”, de Pablo del Valle; “Armenia”, incluída no álbum Pangea de Abraham Cupeiro; as Danzas rumanas nº 4 e nº 5 de Bartók, interpretadas por Abraham Cupeiro e contidas no seu álbum Os Sons Esquecidos. Agradecemos a colaboración do alumnado participante, así como do profesorado do Departamento de Galego (Noemí, Pilar e Carme) que animou ao alumnado a participar nesta actividade e aos músicos, Abraham Cupeiro e Pablo del Valle, por permitirnos usar as súas creacións sonoras. E un moi especial agradecemento a Paula Carballeira polo asesoramento e polas facilidades para levar a cabo este traballo. |
| Category | Education: Language Courses |
| Media file | |
| Duration | 48 minutes 16 seconds |
| Created | luns, 26 de maio de 2025, 9:23 PM |
| Last updated | luns, 26 de maio de 2025, 9:23 PM |
| Total views | 28 |
| Etiquetas | |