Movendo a lingua
O podcast dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e o Conservatorio de música Xoán Montes en Radio Rochoteca, a radio escolar da EOI de Lugo, para documentar as actividades de innovación en dinamización lingüística.
| Título | Movendo a lingua #6 – Entrevista á poeta Lucía Novas |
| Resumen | Este é o sexto episodio do podcast MOVENDO A LINGUA, que documenta e complementa as actividades desenvolvidas polos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo no marco do proxecto colaborativo sobre música e poesía posto en marcha este curso 2024/2025, dentro do Plan Proxecta+. Neste episodio continuamos compartindo entrevistas coas poetas cuxos poemas foron escollidos na Botica da lingua dos EDLG da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo para as pílulas curativas ou para seren musicados polo profesorado e alumnado do conservatorio. Nesta ocasión, entrevistamos a Lucía Novas. O seu poema foi parte das pílulas curativas “para ter un día feliz”, e a música que procuraron para el no conservatorio é o 2º movemento 'Andante' da Sinfonía núm. 2 "En las montañas de Galicia", unha composición de Andrés Gaos interpretada pola orquestra sinfónica de Galicia baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez. O poema e a música podedes escoitalos ao final do episodio. A entrevista foi realizada na biblioteca escolar da EOI de Lugo e contou coa colaboración de Nuria Méndez, alumna do centro. Foi editado por José Ramón Saborido, coordinador do EDLG do CMUS Xoán Montes de Lugo. |
| Archivo multimedia | |
| Duración | 17 minutos 44 segundos |
| Creado | lunes, 19 de mayo de 2025, 13:11 |
| Última actualización | lunes, 19 de mayo de 2025, 13:11 |
| Vistas totales | 31 |
| Marcas | |