Movendo a lingua
O podcast dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e o Conservatorio de música Xoán Montes en Radio Rochoteca, a radio escolar da EOI de Lugo, para documentar as actividades de innovación en dinamización lingüística.
| Title | Movendo a lingua #4 - Entrevista á poeta Nieves Neira |
| Summary | Este é o cuarto episodio do podcast MOVENDO A LINGUA, que documenta e complementa as actividades desenvolvidas polos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo no marco do proxecto colaborativo sobre música e poesía posto en marcha este curso 2024/2025, dentro do Plan Proxecta+. Neste episodio continuamos compartindo entrevistas coas poetas cuxos poemas foron escollidos na Botica da lingua dos EDLG da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo para as pílulas curativas ou para seren musicados polo profesorado e alumnado do conservatorio. Nesta ocasión, Henar Matasanz, profesora do CMUS, entrevista a Nieves Neira. Un dos seus poemas foi parte das pílulas curativas para “quentar o corazón”, e a música que procuraron para el no conservatorio é unha composición de Anselmo González del Valle, “Tres Transcricións Galegas, Op.31: Muiñeira de Montes”, interpretada ao piano por Antonio Queija Uz. Pero, ademais, outro dos seus poemas foi escollido no tendal da poesía e musicado pola propia Henar Matasanz. O poema e a música podedes escoitalos ao final do episodio. Este podcast foi froito dunha colaboración coa biblioteca escolar da EOI de Lugo e foi editado por José Ramón Saborido, coordinador do EDLG do CMUS Xoán Montes de Lugo. |
| Media file | |
| Duration | 30 minutes 02 seconds |
| Created | luns, 19 de maio de 2025, 1:10 PM |
| Last updated | luns, 19 de maio de 2025, 1:10 PM |
| Total views | 32 |
| Etiquetas | |