Título Movendo a lingua #5 - Entrevista á poeta Eva Teijeiro
Resumen

Este é o quinto episodio do podcast MOVENDO A LINGUA, que documenta e complementa as actividades desenvolvidas polos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo no marco do proxecto colaborativo sobre música e poesía posto en marcha este curso 2024/2025, dentro do Plan Proxecta+. Neste episodio continuamos compartindo entrevistas coas poetas cuxos poemas foron escollidos na Botica da lingua dos EDLG da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo para as pílulas curativas ou para seren musicados polo profesorado e alumnado do conservatorio. Nesta ocasión, entrevistamos a Eva Teixeiro. O seu poema “Bicos” foi parte das pílulas curativas "para cando sintas a lingua”, e a música que procuraron para el no conservatorio é “Na Eira”, do Gaiteiro de San Xusto, arranxada por Bruno Villamor Gay e Germán Díaz e interpretada polo propio Germán Díaz e José Ramón Saborido. O poema e a música podedes escoitalos ao final do episodio. A entrevista foi realizada na biblioteca escolar da EOI de Lugo e contou coa colaboración de Montse Villar, alumna do centro. Foi editada por José Ramón Saborido, coordinador do EDLG do CMUS Xoán Montes de Lugo.

Archivo multimedia
Duración 15 minutos 39 segundos
Creado lunes, 19 de mayo de 2025, 13:08
Última actualización lunes, 19 de mayo de 2025, 13:08
Vistas totales 39
Marcas