Movendo a lingua
O podcast dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e o Conservatorio de música Xoán Montes en Radio Rochoteca, a radio escolar da EOI de Lugo, para documentar as actividades de innovación en dinamización lingüística.
| Título | Movendo a lingua #1 - Coñece o proxecto colaborativo sobre música e poesía |
| Resumen | Este é o primeiro episodio do podcast MOVENDO A LINGUA, que documenta e complementa as actividades desenvolvidas polos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo no marco do proxecto colaborativo sobre música e poesía posto en marcha este curso 2024/2025, dentro do Plan Proxecta+. Laura, Nuria e Sabela, tres alumnas que forman parte do EDLG da EOI de Lugo, entrevistan na biblioteca escolar a Ana Belén López, coordinadora do EDLG da EOI de Lugo, e José Ramón Saborido, coordinador do EDLG do CMUS Xoán Montes de Lugo, para coñecer polo miúdo este proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística. |
| Archivo multimedia | |
| Duración | 11 minutos 18 segundos |
| Creado | lunes, 19 de mayo de 2025, 13:05 |
| Última actualización | lunes, 19 de mayo de 2025, 13:05 |
| Vistas totales | 40 |
| Marcas | |