Movendo a lingua
O podcast dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e o Conservatorio de música Xoán Montes en Radio Rochoteca, a radio escolar da EOI de Lugo, para documentar as actividades de innovación en dinamización lingüística.
| Titel | Movendo a lingua #1 - Coñece o proxecto colaborativo sobre música e poesía |
| Zusammenfassung | Este é o primeiro episodio do podcast MOVENDO A LINGUA, que documenta e complementa as actividades desenvolvidas polos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo no marco do proxecto colaborativo sobre música e poesía posto en marcha este curso 2024/2025, dentro do Plan Proxecta+. Laura, Nuria e Sabela, tres alumnas que forman parte do EDLG da EOI de Lugo, entrevistan na biblioteca escolar a Ana Belén López, coordinadora do EDLG da EOI de Lugo, e José Ramón Saborido, coordinador do EDLG do CMUS Xoán Montes de Lugo, para coñecer polo miúdo este proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística. |
| Mediendatei | |
| Dauer | 11 Minuten 18 Sekunden |
| Erstellt | Montag, 19. Mai 2025, 13:05 |
| Letztes Update | Montag, 19. Mai 2025, 13:05 |
| Gesamte Anzahl an Abrufen | 40 |
| Schlagwörter | |