Title Movendo a lingua #3 - Entrevista á poeta Pilar Pallarés
Summary

Este é o terceiro episodio do podcast MOVENDO A LINGUA, que documenta e complementa as actividades desenvolvidas polos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo no marco do proxecto colaborativo sobre música e poesía posto en marcha este curso 2024/2025, dentro do Plan Proxecta+. Neste e nos seguintes episodios do podcast compartiremos entrevistas con poetas galegas cuxos poemas foron escollidos na Botica da lingua dos EDLG da EOI de Lugo e do CMUS Xoán Montes de Lugo para as pílulas curativas ou para seren musicados polo profesorado e alumnado do conservatorio. Nesta ocasión, entrevistamos a Pilar Pallarés. O seu poema “Neno palestino con gato despois do bombardeo. Dunha foto de prensa” foi escollido na EOI de Lugo para ser logo musicado no CMUS Xoán Montes de Lugo, e o día 5 de maio púidose escoitar a música composta para el no auditorio municipal Fuxan os Ventos. O poema recitado pola propia Pilar Pallarés e a música pódense escoitar ao final deste episodio. A entrevista foi gravada na biblioteca escolar da EOI de Lugo, grazas á colaboración de Maite Herrero, alumna do centro. Foi editado por José Ramón Saborido, coordinador do EDLG do CMUS Xoán Montes de Lugo.

Category Education  Language Courses
Media file
Duration 35 minutes 47 seconds
Created lundi 12 mai 2025, 12:04
Last updated lundi 12 mai 2025, 12:04
Total views 25
Tags