Título Fonema Cinema Radio #2 – JE VERRAI TOUJOURS VOS VISAGES
Resumen

Este é o segundo episodio de FONEMA CINEMA RADIO, UN FALADOIRO DE PELÍCULA realizado por alumnado e profesorado da EOI de Lugo na biblioteca, dentro da programación de Radio Rochoteca, a partir do visionado de filmes nos Códex Cinema de Lugo.

Alumnado e profesorado do departamento de francés comparten as súas impresións nesta lingua sobre o filme "Je verrai toujours vos visages", realizado por Jeanne Herry e presentado nas salas españolas co nome "Las dos caras de la justicia". A comunidade educativa da EOI de Lugo asistiu á proxección da película nos Codex Cinema en novembro de 2023, mais neste faladoiro escoitáronse reflexións atemporais sobre a xustiza restaurativa que recentemente cobraron actualidade co 20 aniversario dos atentados do 11M, por exemplo. "Je verrai toujours vos visages", ademais, foi un dos filmes máis destacados na última edición dos Premios César do cinema francés. No faladoiro participaron Victoria Bresca, auxiliar de conversa do departamento de francés, e dous alumnos Ramón García e Silvia Amoedo.

Se non viches a película, advertimos de que hai spoilers. Xa estás tardando, é moi recomendable! Sobre todo en versión orixinal.

Archivo multimedia
Duración 22 minutos 11 segundos
Autor Admin Centro
Creado jueves, 5 de diciembre de 2024, 17:24
Última actualización jueves, 5 de diciembre de 2024, 17:24
Vistas totales 85
Marcas