Fonema Cinema Radio
FONEMA CINEMA RADIO, UN FALADOIRO DE PELÍCULA realizado por alumnado e profesorado da EOI de Lugo na biblioteca, dentro da programación de Radio Rochoteca, a partir do visionado de filmes nos Codex Cinema de Lugo.
| Titel | Fonema Cinema Radio #1 – O CORNO |
| Zusammenfassung | Con este primeiro episodio en galego sobre "O Corno" arranca FONEMA CINEMA RADIO, UN FALADOIRO DE PELÍCULA realizado por alumnado e profesorado da EOI de Lugo na biblioteca, dentro da programación de Radio Rochoteca, a partir do visionado de filmes nos Codex Cinema de Lugo. "O Corno" é unha longametraxe galega de Jaione Camborda (Donostia, 1983) que foi premiada na edición 71 do Festival Internacional de Cinema de San Sebastián (SSIFF), celebrada en setembro de 2023. A comunidade educativa da EOI de Lugo asistiu a unha proxección do filme nos Codex Cinema pouco despois. Neste podcast, gravado nesas datas, alumnado e profesorado da escola comparten as súas impresións sobre a película e os temas que se tratan nela. Un deses temas é, sen dúbida, a sorodidade. Estando no mes do Día Internacional da Muller, as reflexións deste faladoiro están de actualidade. Ademais, Janet Novás, que interpreta a María en "O Corno", vén de ser recoñecida co Premio Goya á mellor actriz revelación. Se non viches a película, advertimos de que hai spoilers. Xa estás tardando, é moi recomendable! |
| Mediendatei | |
| Dauer | 21 Minuten 23 Sekunden |
| Autor/in | Admin Centro |
| Erstellt | Donnerstag, 5. Dezember 2024, 17:20 |
| Letztes Update | Donnerstag, 5. Dezember 2024, 17:20 |
| Gesamte Anzahl an Abrufen | 95 |
| Schlagwörter | |