O próximo 20 de marzo é o día internacional da narración oral, coincidindo co equinocio de primavera. Con esta ocasión, o EDLG da EOI de Lugo quere facer un convite a toda a comunidade educativa a coñecer a oralidade ritmada, dialogada e repentista da tradición galega da regueifa. Será nun obradoiro que terá lugar no salón de actos da escola, na faixa horaria de 18h a 20h do próximo luns 18 de marzo. As nosas formadoras serán as regueifeiras Nuria Penas e Lorena Medela, integrantes do colectivo Erre que Erre (Regueifa Rabuda).