ENQUISA DE BIBLIOTECA do curso 2025/2026

ENQUISA DE BIBLIOTECA do curso 2025/2026

por Admin Centro -
Number of replies: 0

Bo día,

Se es alumna/o da EOI de Lugo, accede ao espazo de Biblioteca da Aula Virtual e completa a ENQUISA DE BIBLIOTECA do curso 2025/2026. Son 25 preguntas que se responden rapidamente, en menos de 10 minutos, e contribúen moitísimo a avaliar o coñecemento, a participación e o grao de satisfacción que ten a comunidade educativa sobre a biblioteca (o seu funcionamento, servizos , fondos e actividades). A enquisa está dispoñible até o 15 de abril. As preguntas están en galego, pero poden ser respondidas en calquera lingua de estudo da EOI de Lugo. Entre o alumnado participante no proceso de avaliación de biblioteca realizaremos un sorteo especial de material (caderno, lapis, marcapáxinas, chapas...) a final de curso para agradecer o compromiso e a colaboración.