O DUA na vosa experiencia Erasmus

O DUA na vosa experiencia Erasmus

par Fanny Prieto Matovelle,
Number of replies: 1

Ola!

Que experiencias estades a ter coa aplicación do Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA)?

Gustaríame coñecer como se promove a inclusión, que metodoloxías se empregan e que diferenzas atopades respecto ao noso contexto. 

Saúdos,

Fanny

In reply to Fanny Prieto Matovelle

Re: O DUA na vosa experiencia Erasmus

par Iago Boán Francis,
Na nosa experiencia Erasmus non tivemos contacto directo coas aulas do sistema educativo austríaco, xa que se tratou dun curso de formación. Por este motivo, non podemos extraer conclusións propias sobre a aplicación do DUA no país nin establecer comparacións directas co contexto educativo de Galiza.
A partir das reflexións compartidas cos compañeiros e compañeiras do curso, maioritariamente docentes alemáns, comprobamos que, aínda que o DUA é coñecido a nivel teórico, a súa aplicación práctica segue atopando dificultades semellantes ás do noso contexto educativo. Entre elas destacan a falta de directrices claras ou de formación específica, a falta de tempo ou a propia inflexibilidade do currículo. Con todo, durante a formación traballamos coa guía e cos principios do DUA e consideramos que telos presentes á hora de planificar as aulas na EOI pode facilitar o traballo docente e permitir anticipar posibles adaptacións de distinto tipo.

Se a nosa resposta non dá unha cobertura completa á pregunta formulada, estaremos encantadas de aclarar ou ampliar calquera outra cuestión máis concreta dentro do noso nivel de coñecemento 🙂