
A comisión de medio ambiente comezou a traballar o curso pasado coa participación de persoal docente e non docente. Este ano queremos contar coa colaboración do alumnado e darlle unha dimensión europea.
Por iso, precisamos tamén representación do alumnado que se comprometa a formar parte do equipo de medio ambiente e sostibilidade da escola para promover o desenvolvemento sostible da escola e da contorna. Se tedes interese en participar neste proxecto, escribide un correo electrónico a eoi.lugo.medioambiente@edu.xunta.gal.
Haberá reunións cada 6 semanas e cada persoa participa e axuda no que poida e no que o tempo lle permita. Estamos abertas a novas ideas e propostas nas que colaboraremos entre todas.
- Teacher: Begoña Martinez Pena

Durante os cursos 2025-2026 e 2026-2027, a EOI de Lugo coordinará un proxecto de agrupamento de centros educativos financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Trátase do proxecto Sinergias para un aprendizaje inclusivo y sostenible en las escuelas oficiales de idiomas de Linares, Lugo y Terrassa, que profunda nos obxectivos de innovación en materia de inclusión e sostibilidade, tamén presentes no proxecto Erasmus+, a través de mobilidades e intercambio de experiencias entre as comunidades educativas das EOI de Linares, Lugo e Terrassa. Nesta aula virtual compartiremos información e realizaremos os procesos de selección das mobilidades programadas no proxecto.
- Teacher: Alma López Figueiras

Desde o curso 2024-2025 e ata o curso 2027-2028 a EOI de Lugo conta coa acreditación Erasmus+. Este programa ofrece oportunidades únicas para estudar e ensinar no estranxeiro, promovendo a internacionalización e o intercambio cultural de todos os membros da nosa comunidade escolar, a diferentes niveis.
Infórmate nesta aula virtual ou ben a través do Blog de internacionalización de todas as oportunidades que vaian xurdindo de participar no programa.
- Teacher: Admin Centro
- Teacher: Tere García
- Teacher: Aida Prado Noya

- Teacher: Elena Longo
Actividades do Equipo de DInamización de Lingua Galega
- Teacher: Ana Belen Lopez Perez

- Teacher: María del Pilar Cordeiro Graña
- Teacher: Alma López Figueiras

- Teacher: Elena Longo