|

lunedì, 20 ottobre 2025

|

VIII Concurso Escolar de Microrrelatos Arrepiantes

Evento globale
Actividade multilingüe de promoción da escrita creativa, organizada pola biblioteca para a participación interdepartamental. Varias categorías lingüísticas, con premio para cada unha: alemán, chinés, español, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano e portugués. Promoverase a gravación dos microrrelatos participantes para a realización dunha serie de podcasts.
Biblioteca

Event source: Axenda de eventos da EOI de Lugo

Cata de libros na biblioteca

Evento globale
Con motivo do Día das Bibliotecas, promoverase unha actividade de carácter interdepartamental de Cata de libros para traballar didácticamente coa información dispoñible na biblioteca e achegar ao alumnado a este espazo. O profesorado interesado en participar deberá reservar unha franxa horaria a través de correo (eoi.lugo.biblioteca@edu.xunta.gal) para evitar que coincidan máis de dous grupos no mesmo horario.
Biblioteca

Event source: Axenda de eventos da EOI de Lugo