Upcoming events

Día europeo das linguas: Picnic literario nos hortos

Tomorrow, 4:30 PM » 8:00 PM
Site event

Picnic literario nos hortos urbanos

16.30 h

Xuntámonos no aparcadoiro da EOI e saímos pola rúa Paseo dos estudantes cara os Hortos do Río Rato.

17.00 h

Posibilidade de participar na clase de Taichí impartida por Wang Tielin.

Preparación das actividades (petiscos, música, libros, postais, agasallos...).

18.00 h

Xuntanza dos participantes, benvida ao acto e apertura do bufé.

18.05 h

Presentación do equipo de recitadores e recitadoras e lectura de poemas.

18.20 h

Presentación do equipo de medio ambiente e sostibilidade e da colaboración dos hortos urbanos. Lectura dun extracto dun libro do club de lectura de medio ambiente.

18.35 h

Presentación do equipo de voluntariado da biblioteca e posta en marcha de pequenos proxectos por parte do alumnado, como a asociación Terra Irmás. Lectura dun extracto do libro do club de lectura en portugués.

18.50

Presentación dos clubs de lectura en todas as linguas. Lectura de pequenos extractos en cada lingua.

19.20 h

Presentación das mobilidades Erasmus + e da Agrupación de escolas.

19.35 h

Presentación das rutas de aprendizaxe como a oportunidade de escoller cada un o seu camiño de aprendizaxe dependendo das súas necesidades e preferencias.

19.45

Tempo para un quiz e gañar premios antes de marchar.


Río Rato: hortos urbanos