Roteiro literario "Jules Verne e Vigo"

Roteiro literario "Jules Verne e Vigo"

por EDLG (Equipo de dinamización da lingua galega) -
Número de respostas: 0

Ola,


sabiades que Vigo ten unha presenza salientable nas obras de Jules Verne? Non en van, o autor visitou esta cidade até en dúas ocasións.
 
Con motivo do 150 aniversario da publicación de "A volta ao mundo en 80 días", gustaríanos saber máis sobre a influenza que exerceu Vigo no autor galo e viceversa, polo que vos convidamos a acompañarnos nunha visita guiada da man da Sociedade Jules Verne de Vigo. Será o sábado 20 de abril e cómpre inscribirse aquí. Esta actividade ten un custo de 10€ e as prazas son limitadas.

Animádesvos a mergullar connosco no universo Jules Verne?

Un saúdo,

A Coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)

Roteiro Vigo - Jules Verne .png

Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)
Escola Oficial de Idiomas de Ferrol
Rúa Real, nº 29 15402 Ferrol
Tfno: 881938408
Seguídenos en Instagram! @edlg_eoiferrol
2MBzjAzoRp3dvN9g6WumB8sc-zIQ7QL_Ft13R91dFq2hbuztqEzoQDlVBtFCTW7r7XB7Ru_F0eWnpDxgvHEmVX33Uu400C59Syn2Rl5vTXWoeeQup8ybE3CkACLca2kNEhRsTS4