Ola,
Ao igual que a Juana tamén me xurdeu a mesma dúbida durante o proceso de creación do vídeo entre outras moitas dúbidas, das que resalto:
- como se pode recortar parte do audio asociado a un vídeo sen ter que recortar tamén as imaxes, e sen recurrir a outros programas de edición de audio?
- como podemos seleccionar todas as pistas de audio e video xuntas por se esqueciches introducir un título cando xa estabas a piques de rematar?
- porqué usando o micro e a cámara do pc en todas as miñas grabacións, hai tanta diferenza cando fago as grabacións co programa Videopad ou co Screencastomatic? E tema de software logo?
- non entendín ben porque puiden eliminar ruido de algúnhas grabacións e quedou bastante decente, cando no video introductorio foime imposible facelo seguindo a priori os mesmos pasos?
O que me encantou e gustaría deixar constancia foi a posibilidade de escoller varios efectos e funcions (fx) e grabar este grupo de efectos para despois aplicalo noutros videos. Aforra moito tempo, sobre todo, cando estás a probar sen entender moi ben o que escolles. Máis se che gusta o producto final, pois para que darlle máis voltas, save and paste e listo.
Desculpade que pola falta de tempo e medios, acabei facendo unha captura de pantalla cutre da portada do libro e que no canto de facer uso do teléfono que tería dado moi boa calidade, tomei o atallo de usar o mesmo programa videopad para facelo todo.
Botei en falla, logo de múltiples problemas como Kerry para poder exportar o vídeo, unhas nocións xerais comúns aos programas de edición de video a ter en conta para que de vernos abocadas a facer uso doutro, non teñamos que perder moito tempo mediante ensaio erro. Ao final descubrín que unha vez exportas 2 videos, cando queres exportar o terceiro xa non cho permite.
Concondo coas outras achegas que fai Juana (misery loves company).
Un saúdo,
Ana