Tentando subir o meu vídeo a moodle

Tentando subir o meu vídeo a moodle

por Marta Ferreiro -
Number of replies: 3

Ola,

Alguén máis tivo problemas tratando de subir o seu vídeo aquí? Eu non podo! Temos acceso todos? Ou teño que enviarcho a ti, Kerry, para que mo subas? 

En canto ao meu vídeo, espero que vos guste (en canto o poida subir e o vexades). Levoume tempo e tiven algúns problemas co volume que non souben solucionar. Aínda así, estou ben orgullosa do que fixen jajaja.

Saúdos,

Marta

In reply to Marta Ferreiro

Re: Tentando subir o meu vídeo a moodle

por Kerry Ann McKevitt -

Ola, Marta.

Acabo de cambiar a configuración dos nosos papeis (agora todos somos "alumnos" e "profesores") para que poidades subir os vosos produtos. Pode que iso fose o problema. Proba de novo e se non funciona, miro todo outra vez.

Saúdos,
Kerry

In reply to Kerry Ann McKevitt

Re: Tentando subir o meu vídeo a moodle

por Marta Ferreiro -

Grazas,

Xa fun quen de subilo. Espero os vosos comentarios: xa sei que non se me escoita ben ao inicio e que falo demasiado rápido.... Tentarei farelo mellor na seguinte.

Saúdos,

Marta 

In reply to Marta Ferreiro

Re: Tentando subir o meu vídeo a moodle

por Kerry Ann McKevitt -

Ola, Marta.

Acabo de ver o tes vídeo e encántame. Véxote moi natural e explicas todo de marabilla. Accederes á páxina web da editorial foi unha boa idea. De feito, acabas de darme algunhas ideas, así que vou ver se podo facer o mesmo co meu libro de texto.

Moitas grazas por compartires. 

Saúdos,

Kerry