• Ángeles Alvariño González

    • Ángeles Alvariño González (Ferrol, 1916 - California, 2005)

      María de los Ángeles Alvariño González naceu en Serantes, Ferrol, no ano 1916. Licenciouse en Ciencias Naturais en Madrid no ano 1941.

      Exerceu como profesora en colexios de Ferrol ata que, con 32 anos, se incorporou ao Instituto Español de Oceanografía e comezou a estudar o zooplancton.

      En 1953 obtivo unha bolsa para traballar en Inglaterra, converténdose na primeira muller a bordo dun buque de investigación británico. Tres anos máis tarde, marcharía aos EEUU, onde traballou para o Instituto Oceanográfico Scripps.

      Finou en California no ano 2005.

      Ángeles Alvariño descubriu 22 novas especies de zooplancton. Varias novas especies foron nomeadas na súa honra, como a hidromedusa Lizzia alvarinoae. Desde o ano 2012, un dos buques oceanográficos da flota científica española leva o seu nome.

        Audio