• Sofía Casanova

    • Sofía Casanova 1919 - Public domain portrait print

      Licenza da fotografía: PDM 1.0 DEED

      SOFÍA CASANOVA (A Coruña, 1861 – Poznan 1958)

      Sofía Casanova naceu no 1861 na Coruña e morreu no 1958 en Polonia. Destacou polas súas profesións como periodista, poeta e novelista, converténdose na primeira española correspondente permanente nun país estranxeiro e correspondente de guerra.

      É recordada como unha muller moi culta e recoñecida no ámbito literario da época. Traballou co diario ABC en Polonia e Rusia narrando o sufrimiento da poboación civil pola guerra. A súa lonxeva vida permitiulle presenciar acontecementos como a loita das sufraxistas en Inglaterra, o nacemento do Partido Bolchevique, a primeira e a  segunda guerra mundial…

      Os seus 96 anos de vida deixaron unha gran produción literaria que abarca tódolos xéneros.

       Audio