• Rosalía de Castro

    • Rosalía de Castro – Store norske leksikon

      Licenza da fotografía: PDM 1.0 DEED

      ROSALÍA DE CASTRO (Santiago de Compostela, 1837 – Padrón, 1885) 

      Rosalía de Castro nació en Santiago de Compostela en 1837, y fue una escritora y poeta gallega. Es conocida por sus obras famosas, como Cantares gallegos (1863) y Follas novas (1880), que escribió en gallego, la lengua propia de Galicia. Rosalía fue una figura importante en el Rexurdimento, el movimiento gallego que luchaba por la revitalización del idioma propio tras siglos de represión castellana.

      Rosalía escribió tanto en gallego como en español. Utilizaba el gallego para mostrar su solidaridad con su propia comunidad, y para reflejar su cariño por su lengua, su tierra, su naturaleza, y sus costumbres. Sus dolores, su duelo y sus deseos se entrelazan en su obra, marcada por un tono reivindicativo, con la saudade y la morriña, ambos sentimientos de nostalgia y memoria.

      Aunque falleció en 1885, su palabra y su imagen se pueden encontrar por todas partes en Galicia hoy en día, y reflejan la voluntad de la memoria colectiva de conservar su legado y seguir adelante con su activismo.

        Audio en español

      ROSALÍA DE CASTRO (Santiago de Compostela, 1837 – Padrón, 1885)

      Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela en 1837, e foi unha escritora e poeta galega. É coñecida polas súas obras famosas, como Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880), que escribiu en galego, a lingua propia de Galicia. Rosalía foi unha figura importante no Rexurdimento, o movemento galego que loitaba pola revitalización do idioma propio tras séculos de represión castelá.

      Rosalía escribiu tanto en galego coma en español. Utilizaba o galego para mostrar a súa solidariedade coa propia comunidade, e para reflectir o amor pola súa lingua, a súa terra, a súa natureza e os seus costumes. As súas dores, o seu pesar e os seus desexos entrelázanse na súa obra, marcada por un ton reivindicativo, coa saudade e coa morriña, ambos sentimentos de nostalxia e memoria.

      Malia que finou en 1885, a súa palabra e a súa imaxe pódense atopar por todas partes en Galicia hoxe en día, e reflicten a vontade da memoria colectiva de conservar o seu legado e seguir adiante co seu activismo.

        Audio en galego