• Pepa a Loba


    • Licenza da ilustración: Nieves González Pérez, CC BY-SA 4.0, via Wikimedia Commons

      PEPA A LOBA (Galiza, século XIX)

      Pepa a Loba foi unha bandoleira do século XIX, galega e muller adiantada ao seu tempo, que se dedicaba a roubar aos caciques e aos curas.

      Hai dúas versións da súa existencia: uns pensan que é froito da imaxinación popular e outros pensan que existiu realmente.

      Crese que naceu na Estrada (Pontevedra) e o seu sobrenome, A Loba, fai referencia a que matou un lobo coas súas mans mentres este atacaba as ovellas que ela coidaba.

      Moitos escritores galegos referíronse a ela nos seus escritos, dende Vicente Risco ata Emilia Pardo Bazán. Carlos Reigosa, na súa recente novela Pepa a Loba, descríbea como unha muller indómita, rebelde e combativa, por todas as adversidades que sufriu.

      Atribúenselle dúas máximas que describen a súa lenda: “home morto non fala” e “nunca quixen nin quererei e, cando queira, morrerei”.

      A Banda da Loba, un grupo de música actual, leva o seu nome e tamén a recorda dedicándolle unha canción chamada Pepa.

       Audio