• María Vázquez Suárez

    • María Vázquez Suárez, Maruja, coas súas alumnas, posiblemente na Pobra do Caramiñal

      María Vázquez Suárez, Maruja, coas súas alumnas, posiblemente na Pobra do Caramiñal, CC PDM 1.0 DEED

      MARÍA VÁZQUEZ SUÁREZ (Santiago de Compostela, 1895 – Miño, 1936)

      María Vázquez Suárez foi unha mestra que participou en políticas sociais a favor das mulleres e dos máis necesitados e que se interesou polo movemento de renovación pedagóxica impulsado pola República.

      Durante o golpe de estado de xullo de 1936, foi arrestada na Coruña e enviada á prisión de Pontedeume, onde foi torturada e se lle negou a posibilidade de ver a ninguén.

      O día anterior ao seu fusilamento nunha praia de Miño, o 19 de agosto dese mesmo ano, foi destituída do seu cargo como mestra, acusada de promover a educación laica e o amor libre.

      Co tempo, a súa lápida desaparecería do cemiterio de Pontedeume.

       Audio