• María Castaña

    • MARÍA CASTAÑA (Galiza, século XIV)

      María Castaña naceu en Cereixa (Lugo), no século XIV.

      Cómpre salientar a María Castaña pola súa pegada na historia de Galiza como activista comprometida co rural galego e co colectivo feminino.

      No ano 1386, un ano de pouca abundancia nas colleitas, pediu ao bispo de Lugo, Pedro López de Aguiar, que non cobrase aos labregos os impostos por traballar as terras mentras non viñesen tempos mellores. Porén, as súas demandas non foron atendidas e María Castaña, xunto con outra xente do lugar, liderou unha revolta que rematou coa morte dun dos cobradores do bispo. Logo da revolta, foi apreixada e condenada a pena capital, mais este castigo foi conmutado pola expropiación das terras que ela posuía en Cereixa e o pagamento dunha multa.

      Pola súa coraxe, esta muller rebelde do século XIV chegou a ser unha lenda popular e xerou o dito “Nos tempos de María Castaña”, dito que fai referencia a tempos pretéritos moi remotos.

       Audio