• María Barbeito

    • MARÍA BARBEITO (A Coruña, 1880 – 1970)

      María Barbeito Cerviño foi unha mestra, pedagoga, escritora, tradutora, lingüista e defensora dos dereitos das mulleres.

      Exerceu de mestra e de directora dunha escola, e posteriormente accedeu ao corpo de inspectores educativos. Nese tempo conseguiu implantar no seu centro métodos pedagóxicos anovadores tan só utilizados noutros países europeos, como o método Montessori e os centros de interese de Decroly, converténdose así en pioneira nese campo.

      No 1937 foi destituída dos seus cargos académicos por mor das acusacións de implicación e militancia política, nomeadamente, o apoio ao bando republicano, e o labor antirrelixioso e de persecución das escolas confesionais, entre outros. A partir dese intre, iniciou unha nova etapa adicándose á escritura e á tradución de libros.

      Na súa vida destaca tamén que foi membro da RAG e obtivo diversos premios e distincións en agradecemento polo seu labor en prol da xustiza social.

       Audio