• Antonia Alarcón

    • ANTONIA ALARCÓN (Ferrol, século XIX)

      Antonia Alarcón foi unha traballadora do Arsenal de Ferrol executada por liderar un motín operario e de mulleres en 1810, “lanzadas á desesperación pola miseria”.

       Viúva ou muller dun traballador, Antonia Alarcón foi acusada de estar á frente da revolta de traballadoras que tomaron as instalacións do Arsenal pedindo o pagamento de salarios. A multitude levou arrastro o comandante xeneral José de Vargas, acusado de ocultar diñeiro dos traballadores, até a entrada do edificio do vello concello de Ferrol, onde supostamente sería acoitelado e morto.

      Antonia Alarcón foi enforcada na Coruña, xunto a outra muller e a un home tamén participantes na revolta. No caso de Alarcón, foi decapitada e a súa cabeza exhibida nunha pica, na zona da alameda próxima do Arsenal.

       Audio