• Amalia Fraguela

    • AMALIA FRAGUELA (Narón, 1884 – Ferrol, 1958)

      Amalia Fraguela foi unha grande loitadora pola xustiza social.

      No verán de 1912, fundou, xunto con Rosario Sardina e Emilia Cora, un grupo anarquista feminista chamado “Antorcha”. Este grupo liderado por Fraguela e as súas compañeiras escribiu un manifesto animando ás mulleres a construíren un mundo sen deus e sen amo.

      Fraguela tamén loitou contra o encarecemento dos alimentos e convocou o primeiro mitin das mulleres ferrolás en 1919. Alén diso, axudou na constitución en 1909 da Sociedade de descargadoras e cargadoras do peirao. Por aquel entón, as mulleres traballaban igual que os homes e recibían un terzo do salario.

      Após o Golpe de Estado de 1936, un dos fillos de Amalia Fraguela tentou liberar un grupo de presos condenados a morte, mais foi descuberto xunto con outros compañeiros e asasinado posteriormente con tan só 17 anos.

      Nos últimos anos da súa vida, Fraguela traballou na limpeza dos servizos públicos que estaban baixo o palco dos músicos no Cantón, en Ferrol.

        Audio