• Amada García Rodríguez

    • AMADA GARCÍA RODRIGUEZ (Mugardos, 1909 – Ferrol, 1938) 

      Comunista, implicada activista na Segunda República, era coñecida por ser unha boa oradora e defensora fervente dos dereitos das mulleres e das persoas desfavorecidas.

      Despois do golpe de estado, atrincheirouse no consistorio da vila como resistencia xunto con outras persoas. Detivérona e crearon un sumario cheo de falsas acusacións.

      Foi condenada a morte e estivo recluída no cárcere de mulleres de Ferrol mentres estaba embarazada do seu terceiro fillo. A sentenza de morte foi aprazada por mor do embarazo.

      Días despois de parir ao seu fillo Gabriel, e malia as protestas que xurdiron por parte de moitos presos e presas, foi executada por un pelotón de fusilamento xunto con outras sete persoas desta comarca no Castelo de San Felipe.

      O seu fillo Gabriel loitou até a súa morte pola memoria e o recoñecemento do acontecido a súa nai e a tantas vítimas do fascismo na Galiza.

       Audio