Abril
-
Abril
-

CLUB DE LECTURA:
DATA E HORA: luns, 17 de abril, de 18:30 a 20:00
LUGAR: biblioteca da escola
QUEN PODE PARTICIPAR? Toda a comunidade educativa da EOI (alumnado, profesorado e persoal non docente). Participar nesta actividade, organizada polo EDLG conxuntamente co departamento de galego e a biblioteca da escola, supón, por parte das persoas participantes, o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante a actividade.
INSCRICIÓN GRATUÍTA: se estiveres interesado/a en acompañarnos, por favor, enche o formulario de inscrición que podes atopar máis abaixo.
Esta actividade é gratuíta, mais ten un número limitado de prazas. Se unha persoa se inscribise e, finalmente, non puidese acompañarnos, agradecemos que o comunique por correo con antelación.
Se tiveses calquera dúbida, envía un correo a normalizacion@eoiferrol.org
ROTEIRO LITERARIO POR NIGRÁN:
DATA: sábado, 22 de abril de 2023
SAÍDA E CHEGADA: sairemos ás 08:00 da praza de Galicia (no Cantón, enfronte a Correos) rumbo ao Concello de Nigrán (duración estimada da viaxe en autocar, 2 horas e media). Deixaremos Nigrán ás 17:30 e chegaremos de volta á praza de Galicia, en Ferrol, sobre as 20:00 h.
PERCORRIDO E ORGANIZACIÓN DA ACTIVIDADE: A hora de comezo do roteiro, unha vez cheguemos ao Concello de Nigrán, está prevista para as 11:00. Visitaremos aqueles lugares de Nigrán que teñan un protagonismo salientable na novela. A duración do roteiro será de 2 horas e media aproximadamente.
Unha vez rematado o roteiro, as persoas participantes disporán de 3 horas libres para estar por Panxón (Concello de Nigrán). O prezo da actividade unicamente cobre o transporte. A comida e a bebida corren pola conta de cada unha das persoas participantes, que poden elexir onde comer (restaurante, pícnic, etc.). Prégase ter en conta a hora de regreso a Ferrol en caso de reservar mesa nun restaurante.
Posto que é unha actividade ao aire libre, levarémola a cabo sempre que as condicións meteorolóxicas nolo permitan. Con chuvia e vento fortes, a actividade non terá lugar e será adiada a outra data por determinar, se for posible. Cómpre levar calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía do día.
QUEN PODE PARTICIPAR? Toda a comunidade educativa da EOI Ferrol (alumnado, profesorado e persoal non docente). Participar nesta actividade, organizada polo EDLG, conxuntamente co departamento de galego e a biblioteca da escola, supón o compromiso a unha inmersión lingüística na lingua galega durante o roteiro por parte das persoas participantes.
PRAZO DE INSCRICIÓN: do 20 ao 31 de marzo. Toda persoa interesada en acompañarnos debe encher o formulario de inscrición que pode atopar máis abaixo.
(NOVO) AMPLIACIÓN PRAZO DE INSCRICIÓN: do 11 ao 17 de abril, aquelas persoas interesadas en acompañarnos no roteiro poderán inscribirse no formulario que poden atopar máis abaixo. Neste prazo de inscrición ampliado tamén admitimos persoas acompañantes.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) poñerase en contacto coas persoas inscritas para confirmar a existencia de prazas nos días posteriores á inscrición. Unha vez recibido o correo de confirmación de dispoñibilidade de praza, as persoas inscritas poderán efectuar o pagamento da cota de 10€ na conserxería da escola do 11 ao 17 de abril (NOVO: 18 e 19 de abril para aquelas persoas e acompañantes que se inscriban no segundo prazo de inscrición) . O pagamento da cota garantirá a praza da persoa inscrita; do contrario, a reserva non estará formalizada e o EDLG poderá dispoñer da praza.
Esta actividade ten un número limitado de prazas. Se unha persoa se inscribise e, finalmente, non puidese acompañarnos, agradecemos que o comunique por correo con suficiente antelación para poder asignarlle a súa praza a outra persoa.
Se tiveses calquera dúbida, envía un correo a normalizacion@eoiferrol.org
-
CLUB DE LECTURA
-
ROTEIRO POR NIGRÁN
-