Abril
-
Abril
-
Co gallo do día do libro ofrecémosvos unha presentación virtual dos libros que limos este curso nos clubs de lectura en diferentes linguas e que teñen como nexo común a presenza de pezas musicais. En galego, escollimos A música dos seres vivos, de María Reimóndez, e Outono aquí, de Mario Regueira.
Podedes ler un extracto, escoitar este mesmo extracto lido por alumnado da escola e ver un vídeo musical relacionado co mesmo texto na ligazón que atoparedes máis arriba.

