Próxima reunión: 15 de abril ás 13h

Próxima reunión: 15 de abril ás 13h

- María Peón Torres の投稿
Number of replies: 0

Boas,

espero que vaia todo ben. Lembro que temos a última reunión o día 15 de abril, próximo xoves, ás 13h05, aquí:

https://eduxunta.webex.com/eduxunta-fr/j.php?MTID=mbebdab4bb0c80bdcbcbb1c72f89661c6

Será a última porque despois teremos xornadas de docencia:

■ 22 de abril Xoves:  de 13 a 15h  Docencia María José Arévalo

■ 30 de abril Venres:  de 13 a 15h  Docencia Inés Guerrero Espejo

■ 6 de maio Xoves: 13h a 15h Docencia de Mercedes Teijeiro

 

Para esta última reunión, que terá o obxectivo de ser rápida e eficiente, quería pedirvos varias cousas:

  • Pensar en obras, contos de preferencia, que poderían servir para ser adaptados e usalos para contar oralmente, ben a alumnado de niveis iniciais, ben a alumnado de primaria. Esta actividade sería para levar a cabo no curso que vén, pero podemos perfilar algo xa agora. Como tamén se trata de pór en práctica a mediación, habería que pensar tamén en qué consellos daríamos para adaptar unha obra en función do público, que é un descriptor de Mediación a partir do nivel B2.
  • Na Biblioteca estamos a elaborar dous podcast sobre Xela Arias como traductora, para un concurso de Bibliotecas Escolares. Abordaremos dous temas: a tradución de Dublineses de Joyce e do Bosque animado de Wenceslao Fdz Flórez. Este proxecto irá dalgunha maneira ligado a este grupo de traballo, ainda que sexa só na teoría. Mais se, na práctica, alguén quere involucrarse falade comigo canto antes, de momento xa estamos contactando cos traductores que axudaron a Xela, con alumnado de galego, etc.
  • Teño traducións do marca-páxinas en francés e alemán, árabe está acabando a súa. Rapazas de inglés, a ver se lle dades un puliño! Sería unha vergoña que en inglés non se traducise! O prazo remata o día 15!
  • Falei coa copistería Conde, imos facelos en cartulinas de cores co texto en negro, así aforramos tinta, ainda non sei orzamento porque teño que ver se hai máis traducións doutros departamentos.

Vémonos o xoves e para calquera cousa avisade.

Forza con todo!

Maria