Boa tarde,
espero que todo vaia ben e que teñades unha boa entrada de ano. Agradezo o voso traballo e participación, e descúlpome de non ter tido tempo de enviarvos esta mensaxe antes das vacacións. A partir do documento colaborativo no que fomos incoporando as nosas propostas, fixen un marcapáxinas en Canva. Incumprín o noso acordo inicial, pois de momento só fixen un xeral. A verdade é que, unha vez rematado, pareceume que se cadra non valía a pena facelos por niveis, vós diredes na reunión do 21 de xaneiro. Vou tentar ir facendo por niveis, a ver cómo quedan e irei incorporando todo ao apartado de "documentos elaborados" dentro do primeiro bloque.
Aquí vai a ligazón ao marcapáxinas xeral: https://www.canva.com/design/DAERuFfYk3Q/N5PeQWgejtHEiyW7vHrD6g/view?utm_content=DAERuFfYk3Q&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=sharebutton
Entendo que non son momentos para traballar, non teño presa, cando teñades propostas ou suxestións, serán benvidas, de todas maneiras xa falamos para o día 21 de xaneiro.
Bo descanso e boas festas!
Maria