Marcapáxinas xeral con consellos de lectura en LE

Marcapáxinas xeral con consellos de lectura en LE

de María Peón Torres -
Número de respuestas: 2

 Boa tarde,

espero que todo vaia ben e que teñades unha boa entrada de ano. Agradezo o voso traballo e participación, e descúlpome de non ter tido tempo de enviarvos esta mensaxe antes das vacacións. A partir do documento colaborativo no que fomos incoporando as nosas propostas, fixen un marcapáxinas en Canva. Incumprín o noso acordo inicial, pois de momento só fixen un xeral. A verdade é que, unha vez rematado, pareceume que se cadra non valía a pena facelos por niveis, vós diredes na reunión do 21 de xaneiro. Vou tentar ir facendo por niveis, a ver cómo quedan e irei incorporando todo ao apartado de "documentos elaborados" dentro do primeiro bloque.

Aquí vai a ligazón ao marcapáxinas xeral: https://www.canva.com/design/DAERuFfYk3Q/N5PeQWgejtHEiyW7vHrD6g/view?utm_content=DAERuFfYk3Q&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=sharebutton

Entendo que non son momentos para traballar, non teño presa, cando teñades propostas ou suxestións, serán benvidas, de todas maneiras xa falamos para o día 21 de xaneiro.

Bo descanso e boas festas!

Maria

 

En respuesta a María Peón Torres

Re: Marcapáxinas xeral con consellos de lectura en LE

de Nuria Calvo Blanco -

Bos días!

Moitas grazas, María: encántame o marcapáxinas con todos eses consellos para animar á lectura ;)

Eu estiven explorando un pouco as posibilidades de facer algúna por cores, como falaramos na reunión, pero con frases "inspiradoras". A ver que vos parecen:

Cor verde (Básico)

Cor amarelo (B1)

Cor azul (niveis C)

Ata o xoves!