Funcionamento do grupo e primeira reunión

Funcionamento do grupo e primeira reunión

María Peón Torres -
Number of replies: 0

Bo día e desculpade que escriba en domingo,

Parece que por fin podemos dar comezo a este grupo!

Sinto que puxen demasiada bibliografía, non era consciente de que podía asustar, pido desculpas.

Non se trata nen moito menos de velo todo, era só para ter unha aproximación do que hai sobre o tema, ou sobre o que se achega ao tema.

Fago un resumo de cómo imos organizarnos. Sabedes que o grupo está planificado para 20 horas, se finalmente fixéramos máis poderíanse certificar máis horas. Para esas 20 programadas, o proceder será o que segue :

- 10 horas de reunións en grupo

- 6 horas de traballo individual

- 4 horas de docencia externa

 

Polas miñas contas teremos que reunirnos 5 veces, porque as reunións deben durar oficialmente 2 horas. Propoño unha vez por mes (de decembro a abril), non vai ser fácil cadrar horarios, tentaremos facelo sen crear perxuízos a ninguén e coa máxima axilidade posible, para non estar moito tempo sen chegar a nada concreto.

 

Para as catro horas de docencia externa teño algunha proposta, mais abrirei un foro para que todo o mundo propoña e poidamos ter dúas sesións de dúas horas, con dúas persoas diferentes. Será entre febreiro e maio.

 

A idea xeral é a de aproveitar actividades de dinamización da biblioteca para levalas polo rego da mediación. No primeiro bloque crearemos material de apoio para ser aproveitado ou adaptado en todas as linguas. Irei colocando un exemplo de cada proposta, e podemos aproveitar a primeira reunión para facer as primeiras tarefas, engadindo ou mellorando as achegas para : un marca-páxinas con consellos para ler en LE, unha ficha de lectura e unha guía para escribir unha recomendación final.

 

No primeiro bloque encontraredes unha enquisa para planificar a data e a hora da reunión de decembro nun momento en que nos veña ben a todas, contando con facela áxil e fructífera. Contestade rápido, por favor!

 

Agradezo a vosa paciencia e contade comigo para o que for preciso.

 

Maria