Comezo do Plano de Formación sobre Mediación e Biblioteca

Comezo do Plano de Formación sobre Mediación e Biblioteca

par María Peón Torres,
Number of replies: 0

Boa tarde a todas e todos,

Non era sen tempo que debíamos dar comezo a este grupo de traballo, tan esperado por todas e todos vós!

Quero aproveitar este foro para agradecervos o voso interese. Espero que este grupo cumpra as vosas expectativas e poder ser de axuda no que for preciso.

Como este non é un ano como outro calquera, entendo que no comezo de curso hai outras prioridades e que non iredes pousar as voas forzas neste grupo cheos e cheas de entusiasmo.

Mesmo así, deixo un compendio bibliográfico para que vaiades abrindo boca e a semana que vén darei concrecións sobre cómo traballaremos, para facermos as primeiras tarefas, que, como poderedes observar son para rematar no mes de xaneiro.

Agradezo unha vez máis poder contar convosco nesta travesía.

Forza con todo!

Maria