Ferramentas de fomento da lectura en LE

Ferramentas de fomento da lectura en LE

بواسطة - María Peón Torres
Number of replies: 0

Bo día a todas,

escribo para confirmarvos que estades inscritas neste grupo de traballo tan magnífico que versará sobre a mediación oral e a elaboración de ferramentas de fomento de lectura en linguas estranxeiras. Quero agradecervos o voso traballo e teño como único obxectivo que sexa útil e fácil de levar, que xa bastante traballo temos ás costas.

Usarei a mesma aula virtual do curso pasado. Para quen non estivo daquela, veredes que hai temas que xa tratamos. Cóntovos un pouco cómo tiña pensado enfocalo neste curso:

  • Faremos actividades prácticas, que serán traballos que nos sirvan para as propias aulas, para os clubs de lectura, para outros proxectos que xa están en andamento na escola, etc.
  • Tentaremos non facer reunións na medida do posible. Ao final, pasareivos as follas para asinar todas xuntas.
  • Teremos tres sesións de docencia, dúas antes de nadal, unha xusto despois.
  • Polas miñas contas certificaremos 22 horas totais, como o ano pasado.

Propoño que nos vexamos uns minutos o próximo xoves, 11 de novembro ás 13 horas en Webex. Xa consultei coa xefatura de estudos que dá permiso a asistir ás persoas que teñen titorías ou horas de permanencia nesa hora. Prometo ser breve e acabar antes das 13h30.

O meu email: mariapeonprof@gmail.com, por se tedes algún problema e o meu número de teléfono: 635632607

A continuación, deixo o documento resumo de cómo imos facer, comezaremos pola radio e os podcast.

  • Obxectivos para este grupo de traballo

    • Mediación oral e literatura:

      • Recursos e actividades sobre narración oral en LE

        • Dúas propostas: 

          • Contar un mesmo conto clásico intrepretado nas diferentes linguas e visto polas diferentes culturas.

          • Contar historias diferentes.

        • Contado polo alumnado e gravado en video ou audio OU contado polo alumnado a outro alumnado ou a outro público: nas bibliotecas municiais ou noutras bibliotecas escolares da cidade.

        • Fases do proceso: escoller a historia, adaptar o texto en función do público escollido e do formato de saída, facer unha lectura ou unha interpretación sen lectura.

        • Pedimos docencia a Paula Carballeira, ela pode no mes de xaneiro.

    • Ferramentas dixitais para o fomento da lectura:

      • Formación e elaboración de podcast para a Radio.

        • Proposta: facer dous ou tres grupos para facer unha proba na radio da biblioteca e ver cómo funciona.

        • Propostas de aproveitamento: elaborar podcast sobre lecturas, aspectos culturais, material de aula, etc. Con alumnado ou sen el.

        • Docencia de José María Bará, 25 de novembro (ainda por confirmar). Podería ser online.

      • Formación e elaboración de videos para o fomento da lectura en LE: Booktubers, Books shelf tours, Books Tag, Book Hauls, etc. 

        • Docencia de Pedro Iglesias, Xoves 9 de decembro ás 13h, presencial.