Esta disciplina aborda os fundamentos do deseño web mediante o uso de HTML e CSS. Traballarase a construción da estrutura dunha páxina web cun linguaxe semántico (HTML) e a aplicación de estilos (CSS) na tipografía, retículas e composición visual. Así mesmo, prestarase atención a aspectos de accesibilidade, usabilidade e boas prácticas, co fin de garantir que os proxectos se adapten e funcionen en distintos dispositivos.