A materia de Materiais introduce ao alumnado no estudo sistemático dos materiais de construción aplicados ao deseño de interiores. Abórdase a clasificación, características físicas, químicas e mecánicas, os ensaios básicos e os criterios de calidade segundo normativa (CTE, marcado CE). Inclúense contidos sobre durabilidade, ciclo de vida, reciclaxe e sustentabilidade, xunto co recoñecemento práctico de materiais en mostra. O curso combina clases teóricas e prácticas, análises técnicas, elaboración de portafolios e probas teórico-prácticas.