• O centro
    • Datos de contacto
    • Documentos
    • Localización
    • Organigrama
  • Secretaría
    • Matrícula
    • Formularios
    • Libros de texto
  • Alumnado e familias
    • Libros de texto
    • Normas e convivencia
  • Profesorado
    • Documentos de xestión
    • Xade
  • Servizos
    • Comedor
    • Plan Madruga
    • Transporte escolar

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Documentos
    • Localización
    • Organigrama
  • Secretaría
    • Matrícula
    • Formularios
    • Libros de texto
  • Alumnado e familias
    • Libros de texto
    • Normas e convivencia
  • Profesorado
    • Documentos de xestión
    • Xade
  • Servizos
    • Comedor
    • Plan Madruga
    • Transporte escolar

Miga de pan

  • Inicio
  • Alejandro Campo Herbés gaña o VII Premio Stephen Hawking

Alejandro Campo Herbés gaña o VII Premio Stephen Hawking

Hawking

O alumno do bacharelato internacional Alejandro Campo Herbés gañou a  VII edición do Premio Stephen Hawking de investigación. Este alumno xa acadara o primeiro premio hai tres anos, en 2022, cando cursaba 3º de ESO no CPR Plurilingüe San Fermín de Caldas de Reis. Esta VII edición do Premio, co lema Iniciativa e Superación, celebrouse o 8 de abril. Estivo coordinada pola doutora Marisol Soengas, directora do Grupo de Melanoma no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) e presidenta da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro, e contou coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, da Universidade de Santiago e o apoio de empresas e entidades como Finsa, Ternera Gallega e Feiraco.

Nesta VII edición presentáronse 54 proxectos distribuídos en 4 ámbitos científicos: 15 da área de Ciencias Experimentais, 14 de Ciencias da Saúde, 14 do campo das Matemáticas e Ciencias da Computación e 11 de Humanidades, Ciencias Sociais e Artes. Dos 100 estudantes que participaron, 55 eran rapazas e 45 rapaces, procedentes de 13 centros, incluído o noso: IES Xelmírez II (Santiago), IES Brión (Brión, A Coruña), IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo), IES As Mariñas (Betanzos, A Coruña), IES Eduardo Blanco Amor (Ourense), CPR Liceo La Paz (A Coruña), IES Eusebio da Guarda (A Coruña) IES Ramón María Aller (Lalín, Pontevedra), IES Pintor Colmeiro (Silleda, Pontevedra) e IES As Barxas (Moaña, Pontevedra). Dende Madrid participou o IES Ramiro de Maetzu e de Soria, o IES Castilla.

Pola mañá, despois da benvida da directora, os estudantes presentaron e defenderon os seus traballos de investigación diante dun xurado que estivo presidido pola Dra. Marisol Soengas; pola tarde, antes do acto de entrega de premios, o alumnado, en grupos de diferentes centros, participou nun xogo colaborativo, que consistiu en dar unha resposta orixinal ao reto Visión 2100: Iniciativa e superación.

Ao acto aisitiu profesorado e investigadores da Universidade de Santiago e tamén o Reitor Antonio López, ademais de representantes de Feiraco e Finsa. A orquestra e o coro do instituto actuaron nesta VII edición dos premios.

Matrícula
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

CURSO 150